xoves, 10 de decembro de 2015

ACTIVIDADE10



ACTIVIDADE10.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  1. Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.
  2. Google Glass. Busca unha imaxe na rede.
  3. Smart Watch. Busca unha imaxe na rede.
1. O GPS (Globla Positioning System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou dunha persoa , en calquera lugar do planeta, cunha precisión de poucos metros ou, mesmo, centímetros.A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 25 satélites cuxas órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de recibir os sinais dos satélites . Unha vez que o receptor ten o sinal de catro satélites , polo menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre lle mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar a que considere máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique.Devanditos navegadores poden estar integrados , en vehículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos modelos máis estendidos Navman e Tom Tom Navigator.

2. Google Glass son unhas lentes de alta tecnoloxía, desenroladas por Google, que funcionan como asistente visual utilizando realidade aumentada. Conectan ao usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxe móstranse nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altofalante.Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluethooth, as lentes poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións da internet.
Utilizan unha versión reducida do sistema operativo Android.Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, gravar vídeos, navegar por Internet e usar a maioría de aplicacións de Google.


3. Un reloxo intelixente (SmarthWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un computador portátil. Utiliza a tecnoloxía Wi-Fi, Bluethooth ou conexión móbil para conectarse a Internet e intercambiar información con outros dispositivos.Estes dispositivos poden incluír características como un acelerómetro, altímetro, barómetro, compás, cronógrafo, equipo de mergullo, calculadora , teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica , altofalante, axenda, etc.Doutra banda , estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións , que adoitan estar relacionados coa saúde e o deporte, a produtividade , os contidos multimedia, os xogos e acceso a redes sociais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario