xoves, 26 de novembro de 2015

ACTIVIDADE6

ACTIVIDADE6.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE6.
Impresora 3D.
  1. Buscando a información na rede redacta aproximadamente 25 liñas explicando o seu principio de funcionamento, tipos e aplicacións. 
  2. Engade un vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible).  

 1.As impresoras 3D que permiten imprimir o que vemos no noso computador, a través dun proceso no que se utiliza diferente información, para que nós cheguemos a tela nas nosas mans. Isto loxicamente non é un proceso igual ao que se experimenta actualmente e non significa que se descargamos un arquivo imos poder imprimilo en tres dimensións. Para iso necesítase un proceso moito máis complexo,creado co computador por medio de calquera programa CAD (Deseño Asisitido por Computador) nun modelo 3D físico. Unha impresora 3D é algo máxico, é coma se puidésemos por fin crear obxectos da nada.Cunha impresora 3D podemos imprimir  obxectos tan sinxelos como unha cunca de café a obxectos moito máis complicados e incribles como partes dun avión ou mesmo órganos humanos utilizando as propias células dunha persoa.Polo xeral, os materiais que se utilizan para fabricar os obxectos poden ser metais, nylon, e como uns 100 tipos de materiais diferentes.


 Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser

   -Impresoras 3D de tinta: utilizan unha tinta aglomerante para compactar o po. O uso dunha tinta permite a impresión en diferentes cores.
   - Impresoras 3D láser: É un láser que transfire enerxía ao po facendo que se polimerice. Despois mergúllase nun líquido que fai que as zonas polimerizadas se solidifiquen.
 
Podemos distinguir estes tipos de impresoras 3D:

Impresoras 3D por Estereolitografía (SLA),
Impresoras 3D de Sinterización Selectiva por Láser (SLS),Impresoras 3D por Inxección e Impresión por deposición de material fundido (FDM)


APLICACIÓNS:
 1. Partes do corpo e prótese humanas:
Pódense fabricar prótese para discapacitados como pernas, brazos, mans, anacos de óso e mesmo cubertas para a cara en caso de feridas profundas.
2. Armas:Pode chegar a supoñer unha ameaza para a seguridade cidadá a curto prazo xa que ás institucións públicas seralles imposible controlar o mercado de armas.
3.Construción:Xa se fala da posibilidade de utilizar impresoras 3D xigantes para construír casas. Iso faise imprimindo pezas prefabricadas que despois permiten montar a vivenda en moi pouco tempo reducindo ademais nun 50% os residuos xerados.


2.VIDEO.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario