venres, 13 de novembro de 2015

INFORMACION VIRTUAL

Crea unha nova entrada no teu blog co nome INFORMACION VIRTUAL. En formato libre desenrola os seguintes contidos buscando a información na rede e ilustra cada concepto cun vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). Non se trata de poñer moita información sinón de intentar explicar os conceptos para que os comprendan os teus compañeiros de clase.
  1. Xeolocallización.
  2. Realidade aumentada.
  3. Licencias Creative Commons.
  4. Macrodatos (Big Data)




1.É un concepto relativamente novo, que proliferou duns dous anos a esta parte e que fai referencia ao coñecemento da propia localización xeográfica de modo automático.

Tamén denominada xeorreferenciación, a xeolocalicación implica o posicionamento que define a localización dun obxecto nun sistema de coordenadas determinado. Este proceso é xeralmente empregado polos sistemas de información xeográfica, un conxunto organizado de hardware e software, máis datos xeográficos, que se atopa deseñado especialmente para capturar, almacenar, manipular e analizar en todas as súas posibles formas a información xeográfica referenciada, coa clara misión de resolver problemas de xestión e planificación.

 

 


 2.É o termo que se usa para definir unha visión a través dun dispositivo tecnolóxico, directa ou indirecta, dunha contorna física do mundo real, cuxos elementos se combinan con elementos virtuais para a creación dunha realidade mixta en tempo real. 
Consiste nun conxunto de dispositivos que engaden información virtual á información física xa existente, é dicir, engadir unha parte sintética virtual ao real.

 3.É unha organización sen ánimo de lucro, cuxa oficina central está situada na cidade de Mountain View, no estado de California, nos Estados Unidos de América. Dita organización permite usar e compartir tanto a creatividade como o coñecemento a través dunha serie de instrumentos xurídicos de carácter gratuíto. As licenzas Creative Commons non substitúen aos dereitos de autor, senón que se apoian nestes para permitir modificar os termos e condicións da licenza da súa obra da forma que mellor satisfaga as súas necesidades.


4.O termo macrodatos é unha alternativa válida pois achega, como big, o significado de 'grande'; é unha solución breve e non ten, como ocorrería con megadatos, un posible risco de confusión co termo mega, moi frecuente tamén nos mesmos ámbitos.O Big Data ou Datos masivos é un concepto que fai referencia á acumulación de grandes cantidades de datos e aos procedementos usados para atopar patróns repetitivos dentro deses datos. O fenómeno do Big Data tamén é chamado datos a gran escala. Nos textos científicos en español con frecuencia úsase directamente o termo en inglés Big Data, tal como aparece no ensaio seminal de Viktor Schönberger Big data: A revolución dos datos masivos





Ningún comentario:

Publicar un comentario